9 de out. de 2008

Onda Curta emite este domingo a curtametraxe ‘Nico’, feita por alumnos do IES do Porto do Son


O programa da Galega "Onda Curta", que cada domingo dá a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite o día 12 sobre a 1:35h, ás 00:36h, a curta "Nico", un fascinante drama xuvenil sobre o acoso escolar, feito por alumnos do IES de Porto do Son, centro no que desde hai 3 anos se desenvolve un traballo impagable de introdución do audiovisual nas escolas, baixo o nome de SonCine.

Baixo a coordinación do profesor David Pérez, e coa colaboración de profesionais coma o realizador de Noia, Luís Avilés, ou a actriz Mónica Caamaño, a curta ten un resultado impecable que a sitúa como un traballo á altura das mellores curtas galegas dos últimos anos. "Onda Curta" acode ademais, a este centro escolar para coñecer in situ en que consiste esta actividade, asistindo á rodaxe da terceira das curtas producidas por alumnos.

(preme para ver o vídeo na rede)
Actualización: Segundo a programación da TVG, emítese o programa ás 00:36h.

Nenhum comentário: